InicioSociedadeAbel Caballero culpa á Xunta da demora na construción do centro de...

Abel Caballero culpa á Xunta da demora na construción do centro de saúde de Bouzas

Segundo o alcalde, "a Xunta non ten intención de construír o centro de saúde de Bouzas. Eu xa o dixen, que era todo mentira".

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou este mércores a “mentira” da Xunta sobre a construción dun centro de Atención Primaria en Bouzas, tras solicitar a administración autonómica unha prórroga do prazo da licenza.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico explicou que o Sergas solicitou a licenza para construír o centro de saúde en xaneiro pasado, pero a día de hoxe “non hai nin proxecto básico nin de execución”, polo que a licenza non se pode facer efectiva e “vai caducar”. “Por iso pediron a prórroga”, sinalou.

“Eu xa o dixen, que era todo mentira. A Xunta non ten intención de construír o centro de saúde de Bouzas”, denunciou o alcalde, quen lembrou que o Concello adquiriu o solar e cedeuno ao goberno galego en 2008. “Despois de 11 anos o único que fixeron foi pedir unha prórroga da licenza”, apostilou.

Por outra banda, Abel Caballero tamén criticou a visita do conselleiro Román Rodríguez á cidade para anunciar a licitación do albergue de peregrinos do Casco Lanuxe.

Segundo explicou o alcalde, o Concello xa emitiu informe favorable tras a solicitude de licenza da Xunta, pero aínda falta documentación por achegar, como o aval da obra ou documentación da dirección técnica dos traballos, ademais do proxecto definitivo de execución. “Unha vez máis, viñeron a Vigo a facerse unha foto. Isto é a Xunta, e vou descubrir todas as súas mentiras, unha tras outra”, proclamou.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...