InicioSucesosDetido en Vigo un presunto vendedor de drogas que portaba heroína e...

Detido en Vigo un presunto vendedor de drogas que portaba heroína e unha gran cantidade de diñeiro

Este domingo pola tarde, os axentes abordaron a este home cando supostamente realizaba unha venda de drogas.

PUBLICADO O

Un home de 45 anos residente en Vigo que portaba heroína e unha gran cantidade de diñeiro en efectivo foi detido na cidade olívica por supostamente vender drogas.

Segundo trasladou a Policía Nacional nun comunicado, a investigación iniciouse este mes despois de que os axentes tivesen coñecemento dun posible punto de venda de sustancias estupefacientes no barrio de Teis grazas á colaboración cidadá.

Así, comprobouse que a trasfega de toxicómanos na cidade era constante e que os consumidores esperaban nunha serie de puntos da Avenida de Galicia por un home co que realizaban un rápido intercambio antes de abandonar o lugar.

O presunto vendedor de estupefacientes tomaba diversas medidas de seguridade cando contactaba cos clientes, polo que se estableceu un dispositivo especial nas rúas contiguas e inmediacións da zona.

Este domingo pola tarde, os axentes abordaron a este home cando supostamente realizaba unha venda de drogas. Tras realizarlle un cacheo preventivo, comprobaron que portaba varias papelinas de heroína e unha gran cantidade de diñeiro en efectivo.

Por estes motivos, foi detido e levado a comisaría. Alí, tomóuselle declaración e comprobouse que contaba con varios antecedentes policiais anteriores. Ademais, trasladouse o ocorrido ao xulgado de Instrución de Vigo en funcións de garda.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...