InicioSociedadeMarea de Vigo ve "un erro maiúsculo" eliminar o estudo de impacto...

Marea de Vigo ve “un erro maiúsculo” eliminar o estudo de impacto ambiental do Plan de Usos do Porto

O portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez, rexeitou a pretensión de Portos do Estado de suprimir ese trámite e sinalou que tamén os usos que levan a cabo en terreo portuario "definen aspectos ambientais".

PUBLICADO O

O grupo municipal Marea de Vigo-Son en Común alertou este luns do “erro maiúsculo” de eliminar o estudo de impacto ambiental da tramitación do Plan dos Usos do Porto (anulado polos tribunais, precisamente por carecer dese estudo ambiental).

O portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez, rexeitou a pretensión de Portos do Estado de suprimir ese trámite (alegando que o plan non é un instrumento urbanístico nin de clasificación de chan, senón de delimitación de espazos e usos), e sinalou que tamén os usos que levan a cabo en terreo portuario “definen aspectos ambientais”.

Segundo lembrou, a “presión brutal” que padecen os espazos portuarios actualmente provocou que se contemplen actuacións de “dubidosa legalidade”, como posibles ampliacións nos peiraos de Bouzas e de Comercio. Unhas actuacións “que teñen un impacto ambiental decisivo para o futuro da ría, como para obviar calquera estudo ambiental existente”.

“Esta tentativa de saltarse a norma ambiental vén sumarse a outros atallos precedentes, como tentar licitar conxuntamente a redacción do Plan de Usos e Delimitación de Espazos, e o Plan Especial do Porto”, subliñou Rubén Pérez.

Marea de Vigo insistiu en que as actuacións en zona portuaria e na lámina de auga teñen que ser “absolutamente coidadosas co medio ambiente e co futuro produtivo da ría, polo que os recheos e demais actuacións son absolutamente prexudiciais, e obrigan a repensar un plan de usos e un plan especial sustentables”.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Rescatan un bebe que quedou pechado nun vehículo

Os Bombeiros de Vigo tiveron que rescatar na mañá deste martes a un bebé...

Tres detidos en Vigo por presunta vinculación cun atraco bancario

Polo menos tres persoas foron detidas na mañá deste martes en Vigo pola súa...