Cifras de récord nun día na consulta sobre as praias sen fume de Vigo

Case 22.000 vigueses votaron xa en menos dun día. Case o 80% está a favor.

Praia da Fonte / Miguel Núñez

A consulta popular activada este martes sobre a posibilidade de prohibir fumar nalgunhas praias de Vigo rexistrou en apenas un día 24.848 votos, o 77,84% dos cales a favor desta iniciativa.

Menor actividade rexistrou, de momento, a consulta sobre prohibir ou non fumar no estadio de Balaídos, de propiedade municipal, xa que participaron na mesma 9.159 cidadáns, dos que o 83,02% mostráronse a favor de pór coto ao fume.

A votación, segundo explicou o alcalde, Abel Caballero, en rolda de prensa realízase por teléfono móbil e o sistema só permite un voto por cada dispositivo.

1 COMENTARIO

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here