InicioSucesosPiden responsabilidades civís a uns obreiros tras o accidente dun viandante que...

Piden responsabilidades civís a uns obreiros tras o accidente dun viandante que ía distraído co móbil

PUBLICADO O

Un veciño de Vigo de 31 anos de idade, L.M.G.S., resultou ferido ao golpearse no nariz coa barra dunha lámpada que estaba apilada na beirarrúa con outros mobles durante unha mudanza e que o prexudicado non viu por estar atento ao seu teléfono móbil mentres camiñaba.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na mañá deste luns, cando este peón camiñaba, pendente do seu teléfono, pola rúa Sanjurjo Badía. Ao non estar atento ao que ocorría ao seu redor, chocou contra a barra metálica dunha lámpada, que estaba apilada na beirarrúa xunto con outros mobles, depositados por traballadores dunha empresa que estaban a realizar unha mudanza.

O mozo chamou á Policía e os axentes requiriron aos traballadores da empresa o documento que acredita a existencia de seguro de responsabilidade civil. O traballador, que non tiña dito documento, sinalou aos axentes que o presentaría posteriormente, mentres que o mozo ferido foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, para a valoración das lesións, que se incluirá no parte de reclamación de danos.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...