Seis traballos da UVigo sobre o xénero faranse co premio Sofía Novoa

Premiarase ás alumnas Paula González, Laura Cao, Alba Vicente, María Dores Fernández, Andrea López e Belén Calero, que centraron as súas investigacións en estereotipos e roles tradicionais, linguaxe sexista, análise de profesións e estudos feminizados ou masculinizados.

Concentración en Vigo en repulsa da violencia de xénero/ Miguel Núñez

O Pazo de Gandarón, sede da Misión Biolóxica de Galicia, acollerá este mércores o acto de entrega de premios dos Sofía Novoa a seis traballos de fin de grao e máster, pola inclusión da perspectiva de xénero.

O evento, conducido pola escritora Ledicia Costas e que arrincará ás 19,00 horas, ten o obxectivo de difundir a figura de Novoa Ortiz, unha muller “esquecida pola historia que utilizou a música como vehículo para o ensino”.

Nesta ocasión, premiarase ás alumnas Paula González, Laura Cao, Alba Vicente, María Dores Fernández, Andrea López e Belén Calero, que centraron as súas investigacións en estereotipos e roles tradicionais, linguaxe sexista, análise de profesións e estudos feminizados ou masculinizados, entre outros.