InicioSucesosA borrasca Miguel provoca máis de 60 intervencións de bombeiros en Vigo

A borrasca Miguel provoca máis de 60 intervencións de bombeiros en Vigo

A caída de árbores, colectores, tellas, postes de iluminación pública e macetas deixaron unha xornada complicada polo tempo na cidade.

PUBLICADO O

A borrasca Miguel motivou máis de 60 intervencións por parte dos bombeiros en Vigo causadas pola caída de árbores, colectores, tellas, postes de iluminación pública e macetas, entre outros.

Segundo recolleu a Policía Local nun comunicado, producíronse caídas de árbores nos camiños de Pertegueiras, Casal, subida a Madroa, Areeiro, Caramuxo e Cruceiro, así como no canellón Ribeira e en cálea Pintor Colmeiro.

Ademais, atopouse unha árbore tirada en Camiño Telleira, o que provocou o corte da rúa, e outro sobre un vehículo estacionado na rúa Emilia Pardo Bazán. Tamén outra árbore caeu sobre un coche que circulaba por cálea San Xoán, aínda que o condutor non resultou ferido.

Así mesmo, unha rama de árbore de grandes dimensións caeu sobre un vehículo estacionado na rúa Coruña. Debido a que foi precisa a colaboración dos bombeiros para retirala, tivo lugar unha gran retención de tráfico. A maiores, causáronse danos a vehículos estacionados na rúa Darío Durán e a un poste de telefonía da rúa Freixeiro.

Tamén se produciron caídas de colectores en varias zonas e un deles golpeou un coche estacionado na rúa Ramón Neto. Ademais, un colector que desprazou o vento causou danos a unha furgoneta na confluencia da avenida de Madrid con San Roque.

Adicionalmente, unha peza metálica impulsada polo vento causou danos no tellado dunha vivenda e tivo lugar a caída de postes de iluminación pública, tellas, un muro e adornos colgantes.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...