InicioSociedadeMarea de Vigo denuncia a "inacción" do Concello ante unhas "obras ilegais"...

Marea de Vigo denuncia a “inacción” do Concello ante unhas “obras ilegais” para abrir unha casa de apostas

As obras son na Avenida da Florida están preto dun conservatorio onde se da clase a menores de idade.

PUBLICADO O

O grupo municipal Marea de Vigo denunciou este venres a “inacción” do goberno local ante as “obras ilegais” que se están facendo na Avenida da Florida para a apertura dunha nova casa de apostas. O portavoz do grupo, Rubén Pérez, lembrou que o Pleno do Concello olívico aprobou en febreiro unha moción na que se instaba ás administracións local e autonómica a “realizar unha actuación activa e non colaborativa con este tipo de negocios“.

A obra á que fai alusión neste caso está a levarse a cabo en Avenida da Florida 73, unha obra que “carece de licenza municipal, algo que xa foi denunciado pola veciñanza” e que, ademais, está a facerse preto dun centro educativo (un conservatorio). Marea de Vigo volveu a alertar sobre a “proliferación” destes negocios na cidade e urxiu o cumprimento do acordo plenario, e a ser “consecuentes coas declaracións do propio alcalde, que en abril instaba á Xunta a realizar un veto a estes negocios”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...