InicioVigo e contornaVigoRitz-Carlton eloxia a calidade do naval galego, pero descarta entrar no accionariado...

Ritz-Carlton eloxia a calidade do naval galego, pero descarta entrar no accionariado de Barreras

A división de iates e cruceiros de luxo da coñecida multinacional hoteleira, eloxiou este mércores a calidade de produtos e a experiencia da industria naval galega, na que está construíndo agora mesmo un barco, pero asegura que non teñen intención de participar no accionariado tras a saída de Pemex.

PUBLICADO O

The Ritz-Carlton Yatch Collection, a división de iates e cruceiros de luxo da coñecida multinacional hoteleira, eloxiou este mércores a calidade de produtos e a experiencia da industria naval galega, aínda que descartou entrar no accionariado do estaleiro vigués Fillos de J.Barreras –no que está a construír un cruceiro de luxo e ten outro asinado–.

O CEO de Ritz-Carlton Yatch Collection, Douglas Prothero, descartou, a preguntas dos medios, que a empresa vaia a entrar no accionariado de Barreras, ante a decisión de Pemex de abandonar o Consello de Administración. “Definitivamente non”, recalcou. Prothero participou este mércores nunha xornada organizada pola delegación galega do Colexio de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, en colaboración con Aclunaga, sobre o reto da construción de cruceiros de luxo.

Na súa intervención, o directivo de Ritz-Carlton Yatch Collection disertou sobre o gran crecemento que este mercado está a experimentar e a “oportunidade” que supón para unha industria naval como a galega. A ese respecto, eloxiou o “alto talento” que hai nas empresas de construción naval en Galicia, así como os seus “produtos de calidade”, a implicación das administracións locais e as facilidades para facer investimentos.

De feito, Ritz-Carlton está a construír un minicrucero de luxo no estaleiro vigués Barreras, do que destacou a súa “experiencia” e “éxitos” tanto na área de construción como de reparación. A ese respecto, está prevista a celebración, este xoves, dunha rolda de prensa nas instalacións do estaleiro, na que, todo apunta, confirmarase o encargo dun segundo minicrucero (cuxo contrato sería asinado hai unhas semanas).

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...