Abel Caballero ampliaría a súa maioría absoluta e o PP afúndese en Vigo

Resultados da enquisa da TVG a pé de furna nas eleccións municipais en Vigo.

19 concelleiros. Esa é a cifra que outorga a enquisa a pé de furna da TVG ao PSOE de Vigo, liderado por un Abel Caballero intratable, que aumentaría o seu poder, obtendo dous edís máis que nas eleccións de 2015, cando obtivo 17 (a maioría absoluta está en 16).

O PP manteríase como segunda forza política, pero sufriría unha debacle, ao caer de sete a tan só tres concelleiros.

Marea de Vigo sería a terceira forza, con dous representantes, confirmándose o seu retroceso ao perder un.

Estas tres eran as forzas que tiñan representación no Concello vigués. Agora, a novidade é son o BNG, que volvería ao consistorio olívico cun representante, e Ciudadanos, que acadaría outro. A enquisa da CRTVG dá outro concelleiro a “Outros”, categoría na que entra toda unha variedade de forzas pequenas, desde Compromiso por Galicia ou PACMA, até o partido ultradereitista Vox.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here