InicioSucesosRequisan un bastón e un cable de aceiro a catro implicados nunha...

Requisan un bastón e un cable de aceiro a catro implicados nunha pelexa ás portas do Hospital Cunqueiro

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron a catro persoas, dous homes e dúas mulleres, implicados nunha liorta que tivo lugar ás portas do Hospital Álvaro Cunqueiro na tarde noite do xoves.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron a catro persoas, dous homes e dúas mulleres, implicados nunha liorta que tivo lugar ás portas do Hospital Álvaro Cunqueiro na tarde noite do xoves.

Segundo informaron fontes policiais, varias dotacións do 092 desprazáronse á entrada do centro hospitalario, tras recibir distintas alertas por unha pelexa multitudinaria, na que varias persoas estaban a increpar aos vixiantes de seguridade do hospital.

Unha vez no lugar, os axentes identificaron aos implicados: un veciño de Vigo de 46 anos de idade, J.G.J.; outras dúas veciñas de Vigo, B.J.C., e E.M.G.J.; e A.C., veciño de Ponteareas de 34 anos de idade.

Segundo relataron as testemuñas, o tres primeiros encerelláronse nunha pelexa co cuarto, e cando os vixiantes de seguridade se interpuxeron para separalos, acabaron sendo ameazados e intimidados por estes.

A Policía incautouse dun bastón coa parte de abaixo reforzada, e que lle foi intervido a J.G.J., e dun cable de aceiro cunha peza metálica compacta nun dos extremos, requisado a A.C.

Ademais da identificación dos implicados, a Policía tramitou a denuncia pola tenencia destes obxectos perigosos, e que pode implicar unha sanción administrativa de polo menos 600 euros para cada un dos portadores dos devanditos obxectos.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...