InicioPolíticaAbel Caballero busca o apoio de Pedro Sánchez para a cidade ...

Abel Caballero busca o apoio de Pedro Sánchez para a cidade mostrándolle “o voto de Vigo”

"Pido aos cidadáns que voten, e que ao chegar ao colexio electoral busquen, entre todas as papeletas, a papeleta dos que somos Vigo, a de saír á rúa a defender a cidade, a das humanizacións,...", reclamou.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo e candidato á reelección, o socialista Abel Caballero, pediu este venres o voto para a lista que el encabeza, porque é a que representa “a forza de Vigo”, e avanzou que o vindeiro luns estará co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, ao que quere “ensinar” eses bos resultados para que “apoie” á cidade.

O luns vou estar con Pedro Sánchez, e quérolle ensinar o voto de Vigo, quérolle dicir: ‘Este é o voto de Vigo e quero que o apoies’, e a semana que vén estarei en Bruxelas e quero dicirlle á Comisión: ‘Este é o voto de Vigo, único en Europa, e quero que o apoiedes'”, proclamou, en declaracións aos medios.

Por iso, apelou á participación nos comicios do domingo porque, aínda que as enquisas auguran que terán un moi bo resultado, “nada está gañado”. “Pido aos cidadáns que voten, e que ao chegar ao colexio electoral busquen, entre todas as papeletas, a papeleta dos que somos Vigo, a de saír á rúa a defender a cidade, a das humanizacións,…”, reclamou.

A ese respecto, Caballero valorou o respaldo dun gran número de cidadáns que nos comicios locais apostaron polo PSOE olívico, aínda que adoitan votar a outras formacións noutras citas electorais, e atribuíuno ao feito de que “estas non son eleccións de partidos, son de cidade, de candidatos, de votar por Vigo”.

O candidato augurou que, dentro de 4 anos, os veciños vivirán “nun Vigo aínda moito mellor”, grazas á acción do goberno municipal e ao respaldo de Deputación de Pontevedra, Zona Franca e Goberno de España (todas institucións comandadas polo PSOE).

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...