Marea de Vigo comprométese a “levar o feminismo á política municipal”

A número dous da candidatura de Marea de Vigo, Oriana Méndez, comprometeuse a "promover e facer efectiva a participación das mulleres no deseño das políticas de igualdade e contra as violencias de xénero".

26M.- Pérez (Marea de Vigo) pide á cidade "perder o medo por fin" ante as "ameazas" e o "clientelismo". Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press

As candidatas de Marea de Vigo comprometéronse este venres, no último de día de campaña antes das eleccións locais do domingo, a “levar o feminismo á política municipal” e “facer partícipes ás mulleres” para que esa política sexa “de todas e para todas”.

Así, Marea de Vigo sinalou como “prioritarias” a seguridade e a loita contra as violencias machistas, a conciliación familiar e laboral, a diversidade, o traballo, a abolición da prostitución e a participación, “independentemente do barrio no que se resida ou da procedencia”.

Nun vídeo difundido este venres, o número dous da candidatura de Marea de Vigo, Oriana Méndez, comprometeuse a “promover e facer efectiva a participación das mulleres no deseño das políticas de igualdade e contra as violencias de xénero” que lles afectan directamente, porque “só coa participación das mulleres” poderase construír un Concello de Vigo “de todas e para todas”. Por outra banda, a candidata número 4, Ronsel Miller, proclamou que esta formación quere unha cidade “libre de trata” e apostou por unha “política abolicionista da prostitución”.