InicioVigo e contornaVigoAdxudicada a segunda parte das obras de mellora da PO-400 ao seu...

Adxudicada a segunda parte das obras de mellora da PO-400 ao seu paso por Crecente (Pontevedra)

En concreto, mellorarase a conexión co núcleo de O Freixo, un tramo de 600 metros de lonxitude que facilita o acceso a vivendas, leiras e outras estradas.

PUBLICADO O

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou a segunda fase das obras de mellora do firme na vía PO-400 ao seu paso por Crecente (Pontevedra).

Segundo recolleu a Xunta nun comunicado, estimouse un prazo de execución de dous meses para os traballos, aos que se destinará un importe de 48.000 euros.

As obras foron adxudicadas á empresa OCA (Obras, Camiños e Asfaltos S.A.) e permitirán acondicionar parte da vía que discorre entre Salvaterra do Miño e Filgueira. En concreto, mellorarase a conexión co núcleo de O Freixo, un tramo de 600 metros de lonxitude que facilita o acceso a vivendas, leiras e outras estradas.

Deste xeito, tras actuar sobre as fochancas existentes na vía, estenderase unha nova capa de asfalto e limparanse as cunetas. Así, búscase mellorar a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios da estrada.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...