InicioVigo e contornaVigoMarea de Vigo aposta por recuperar programas de lecer alternativo para a...

Marea de Vigo aposta por recuperar programas de lecer alternativo para a mocidade

O partido quere impulsar iniciativas como Súbete ao Castro ou a Casa da Xuventude.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Marea de Vigo traballará desde o Concello para recuperar programas de lecer alternativo para mozos, como a iniciativa ‘Súbete ao Castro’, ou a actividade da Casa da Xuventude, así como medidas políticas para facilitar o acceso ao emprego ou á vivenda.

Así o trasladou o candidato á Alcaldía, Rubén Pérez, nun encontro sobre mocidade celebrado no monte de Ou Castro, e criticou o “desmantelamento” das infraestruturas de encontro xuvenil na cidade por parte do goberno local de Abel Caballero. O candidato prometeu traballar para que o Concello dote de orzamento suficiente ás políticas de mocidade, non só no ámbito do lecer, senón tamén noutras áreas, como en políticas de emprego ou de acceso á vivenda.

Entre as medidas propostas, destaca a implantación dun Plan Municipal de Emprego Xuvenil, ou a posta en marcha dunha bolsa de emprego “novo e non precario”. A deputada autonómica Paula Quinteiro, que participou no encontro, avogou pola necesaria “coordinación” entre administracións para poder ofrecer ás mozas alternativas de lecer pero tamén de futuro, para “que non teñan que emigrar”.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...