InicioMedio Ambiente e PatrimonioAbel Caballero autotransfírese as competencias sobre o Lagares: "Gústelle ou non á...

Abel Caballero autotransfírese as competencias sobre o Lagares: “Gústelle ou non á Xunta, xa é noso”

O alcalde non aclara se houbo unha transferencia formal das competencias sobre o río, que ostenta a Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo e candidato do PSOE á reelección, Abel Caballero, autotransferiuse este mércores as competencias sobre o río Lagares, e sinalou que, unha vez que o Concello recibiu autorización para facer labores de limpeza e mantemento da parte urbana da canle, o río “xa é de Vigo”.

O alcalde tamén anunciou que o Concello fará eses labores de limpeza, un paseo, e nova iluminación. “Nun ano estará marabilloso para pasear, sen contaminación, limpo”, proclamou.

Cuestionado polos xornalistas acerca de se houbo unha transferencia formal das competencias sobre o Lagares (que ostenta a Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, a través de Augas de Galicia), Abel Caballero limitouse a asegurar: “Unha vez que temos autorización –para limpar– xa é noso, xa é de Vigo, quedámonolo. Gústelle ou non á Xunta, hoxe quedámonos o río Lagares enteiro, xa non pedimos máis permisos“.

“A partir de agora encárgome eu. Eu respondo do río Lagares. Que me dean un tempiño para polo como Deus manda”, dixo Caballero, quen cualificou o Lagares como un curso fluvial “máxico” e “milagreiro” porque “nunca se seca”.

O alcalde reclama desde hai tempo á Xunta que lle transfira as competencias sobre o río, alegando que o Goberno galego non se encarga de limpar as marxes. A administración autonómica lembrou ao rexedor e ao goberno local en varias ocasións que, segundo o Plan Hidrolóxico Nacional (e tal e como tamén se recolle na instrución que a Xunta publicou en xaneiro deste ano) corresponde aos concellos a limpeza das canles públicas que transcorren por zonas urbanas.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...