InicioSociedadeAcusan á Xunta de ter afastado dos plans de recuperación o xulgado...

Acusan á Xunta de ter afastado dos plans de recuperación o xulgado número 3 de Vigo

Segundo o sindicato Alternativas na Xustiza-Central Unitaria de Traballadores (AXG-CUT), este xulgado ten máis de 1.000 execucións e 900 procedementos en trámite a día de hoxe, o que supón un 300% máis de carga de traballo que os outros dous xulgados do penal vigueses.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sindicato AXG-CUT denuncia que “nestes momentos, en cada Xulgado do penal da cidade, hai máis de 1000 execucións en trámite”. Explican ademais que ata arquivar a execución, a sentenza xudicial non se cumpre. Apuntan tamén que das1000 demandas acumuladas, hai aproximadamente “230 sen nin sequera incoar (iniciar)”.

“Os xuízos non correron mellor sorte: ademais do cento deles suspendidos durante a folga, entre os meses de xuño e xullo nun dos xulgados suspendéronse corenta xuízos de 102”. Todo isto implicaría novas citacións das partes, “o probable aumento de días con xuízos, retrasos nas sentenzas e futuras execucións”.

Por outra parte, consideran que logo da “aplicación “aleatoria” dos plans de actuación, véñense a confirmar os peores presaxios”. Isto tradúcese para o sindicato en que “no plan de actuación que abrangue desde o 27.5.2019 ata o 28.6.2019, se inclúen os xulgados do Penal nº 1 e 2 de Vigo”, así “queda excluído o xulgado nº 3, que por números, é como moito o máis sobrecargado de traballo”.

Dita sobrecarga de traballo non incluiría ningún dos dous xulgados afectados polo plan de actuación. “Pola contra, o nº 3 ten 65 procedementos e 66 executorias por incoar”.

UN 300% MÁIS DE CARGA DE TRABALLO

A AXG-CUT matén a postura de que os plans aprobados logo da folga na Xustiza eran “non só cutres senón ilóxicos e arbitrarios” ademais de ser plans “froito do descoñecemento ou falta de interese por parte dos artífices dos mesmos”. Desta maneira, consideran que se están a cumprir os seus “prognósticos”.

Explican ademais que “a situación dos xulgados do penal en toda Galicia, e en particular en Vigo foi sempre moi complicada, tanto pola falta de medios materiais e persoais como polas cargas de traballo”. Esta situación “vén sendo denunciada tanto nas Mesas de negociación como nos medios de comunicación dende hai moito tempo”.

A descrición do estado das dependencias, así como cadro de persoal nos xulgados é de “reducidos para as cargas de traballo existentes e deberían contar cun Tramitador Procesual máis”. E sinalan sobre todo que “a materia nestes xulgados pode ser calificada como sensible: tráfico de drogas, violencia sobre a muller, alcolemias, condución temeraria, entre outras”.

Acusan tamén da ralentización do traballo diario á falta de renovación en equipos informáticos, cousa que “obriga todos os días a perder boa parte da xornada laboral” sobre todo por “incompatibilidade entre o programa da Fiscalía (Fortuny) e o dos xulgados (Minerva)”.

No seu momento houbera, segundo AXG-CUT, unha solución parcial para quitar carga de traballo “mais coa chegada do actual Director Xeral, Juan Jose Martín, e da Subdirectora Xeral, Dolores Madrid, nomeados por Alfonso Rueda, as medidas de reforzo elimináronse e a estatística dos xulgados do Penal voltou aos números anteriores”.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...