Voos de Menorca a Vigo desde xullo a setembro

Serán operados pola compañía Air Nostrum.

Aeroporto Peinador
Avion nas pistas de Peinador/ Miguel Nuñez

A aerolínea franquiciada de Iberia para voos rexionais, Air Nostrum, anunciou este xoves que incrementará este verán as conexións entre Menorca e os aeroportos galegos de Santiago e Vigo.

En concreto, do 23 de xullo ao 29 de agosto, Air Nostrum voará os martes e os xoves entre Menorca e Santiago de Compostela. As rutas sairán do aeroporto balear ás 22,15 horas e despegarán de Lavacolla ás 19,55 horas.

Paralelamente, os domingos entre o 21 de xullo e o 1 de setembro, a compañía operará a ruta Menorca-Vigo. O avión sairá da illa ás 22,15 horas e de Peinador ás 21,35 horas. Ambas as rutas serán operadas por un reactor CRJk, que realiza o traxecto nunhas dúas horas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here