InicioSociedadeElena Muñoz reta a Abel Caballero a un debate a dous

Elena Muñoz reta a Abel Caballero a un debate a dous

A candidata do PP á Alcaldía de Vigo, Elena Muñoz, retou ao seu homólogo no PSOE e actual rexedor, Abel Caballero, a confrontar os programas electorais de ambos nun debate en directo.

PUBLICADO O

A candidata do PP á Alcaldía de Vigo, Elena Muñoz, retou ao seu homólogo no PSOE e actual rexedor, Abel Caballero, a confrontar os programas electorais de ambos nun debate en directo.

Así, Elena Muñoz remarcou a necesidade de que os cidadáns poidan visualizar un enfrontamento entre os modelos que propoñen ambas as formacións políticas para a maior urbe galega e que definiu como “diametralmente distintos”.

Nesta liña, a candidata ‘popular’ instou a Abel Caballero a “baixarse do seu pedestal”, en referencia a súa ausencia no debate dos candidatos á Alcaldía das formacións con representación na corporación municipal –PSOE, PP e Marea de Vigo– celebrado este luns na TVG.

No encontro, ao que si asistiron os candidatos do PP e Marea de Vigo, Elena Muñoz e Rubén Pérez; Abel Caballero foi substituído polo portavoz do Grupo Municipal Socialista e concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Carlos López Font.

Elena Muñoz tamén acusou ao rexedor olívico de non contestarlle nos plenos e de negarlle o saúdo en distintos actos, actitudes que relacionou con “un comportamento absolutamente machista”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...