InicioSociedadeComezan os traballos de reconstrución de vivendas na "zona 0" da explosión...

Comezan os traballos de reconstrución de vivendas na “zona 0” da explosión de Tui

O Concello comprometeu unha nova partida de 857.000 euros para destinar á restauración das residencias afectadas pola explosión en Paramos.

PUBLICADO O

A ‘zona cero’ da explosión da pirotecnia que tivo lugar o pasado maio en Paramos, en Tui, abriuse este xoves ao tráfico para permitir que comecen os traballos de reconstrución de vivendas, así como para mellorar o acceso dos residentes na contorna a esta parte do municipio.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, que asistiu á apertura da zona, detallou que, deste xeito, as obras de reconstrución que xa foron autorizadas poderán executarse sen impedimentos derivados do cercado da zona.

Tamén indicou que, durante o pleno do mes de abril, o Concello comprometeu unha nova partida de 857.000 euros para destinar á restauración das residencias afectadas pola explosión que non se condicionará en función de se se trata de primeiras ou segundas vivendas. Sobre este punto, Vázquez Padín sinalou que xa se pode proceder á solicitude das mesmas.

A este respecto, o presidente da Asociación de Afectados Paramos-Guillarei, Salvador García, valorou estas novas subvencións, aínda que remarcou que non entran espazos danados, como algúns alpendres. Tamén apuntou que o montante total recibido por vivenda non poderá superar os 250.000 euros, entre os que se inclúen as contías adxudicadas por parte do Estado, a Xunta e o municipio pontevedrés.

AXUDAS

Salvador García lembrou que, xunto ás novas subvencións comprometidas polo goberno local, sitúanse as axudas autonómicas, que podían superar os 100.000 euros, as estatais, que podían chegar a uns 15.000 euros de acordo cos ingresos familiares, e outro apoio municipal destinado a cubrir danos en mobiliario e enxoval.

Así mesmo, o arquitecto municipal Pablo Rivas avanzou que xa se concederon un total de nove licencias para reconstruír vivendas afectadas e que outras doce se achan en proceso de tramitación, aínda que se espera recibir máis solicitudes, que se deberán aprobar en xunta de goberno. En concreto, danáronse un total de 31 residencias.

SERVIZOS PÚBLICOS

Ademais, mediante o plan da Deputación de Pontevedra Depo-Remse, destinaranse 500.000 euros á provisión de servizos públicos na zona, que serán cubertos nun 85 por cento polo ente provincial, mentres que o 15 por cento restante asumirao o Concello. Así, soterraranse a conexión á rede eléctrica e a telefónica, así como o saneamento, e acometeranse traballos de pavimentación e de mellora do espazo público.

O alcalde indicou que os arquitectos municipais xa traballan neste proxecto, que deberá ser licitado e executado polo Concello antes de xuño de 2020, aínda que se espera levalo a cabo con anterioridade a esa data. En relación a este plan, o presidente da asociación de afectados advertiu da posibilidade de que a súa execución se atrase e que iso afecte os labores necesarias para poder reconstruír as vivendas.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...