InicioSociedadeA Universidade de Vigo crea unha mascota para que a cidade a...

A Universidade de Vigo crea unha mascota para que a cidade a perciba como próxima e coa “man tendida”

A cabeza da mascota está creada en forma de folla e dun bocadillo de cómic, en referencia ao diálogo e ao pensamento, mentres que o seu nome relaciónase co inicio da palabra oliveira, coas ondas do mar e cun saúdo.

PUBLICADO O

A Universidade de Vigo (UVigo) creou unha mascota, Oli, co obxectivo de ser percibida pola sociedade como unha institución próxima e coa “man tendida”. Segundo recolleu a universidade nun comunicado, así a presentou o reitor, Manuel Reigosa, este martes en Vigo, onde esperou que “axude a nivel interno con máis sorrisos durante este mandato“.

A directora da área de Imaxe da UVigo, Ana Soler, explicou que Oli será o “embaixador” da entidade e a cara amable que transmitirá a imaxe da xente que traballa na mesma. Ademais, apuntou que, para a súa creación, partiuse dos elementos que integran o escudo da universidade, as ramas da oliveira, que representan o tres campus, e o mar.

En concreto, a cabeza da mascota está creada en forma de folla e dun bocadillo de cómic, en referencia ao diálogo e ao pensamento, mentres que o seu nome relaciónase co inicio da palabra oliveira, coas ondas do mar e cun saúdo. Ana Soler detallou que a tipografía escollida para Oli foi Roboto e que esta foi “pensada para as redes e a (páxina) web (institucional)”.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...