A corporación municipal de Vigo insta á Xunta a primar a proximidade na asignación de centros educativos

Pleno Vigues © Miguel Nuñez

A corporación municipal de Vigo aprobou por unanimidade instar á Xunta a primar o criterio de proximidade na asignación de centros educativos no pleno do mes de abril, que tivo lugar este mércores.

A moción, presentada polo Grupo Municipal Socialista, tamén incluía a demanda dun compromiso de execución do instituto do barrio de Navia. Respecto diso, durante a súa intervención, a concelleira de Urbanismo, María José Caride, puxo o foco en que os estudantes residentes nesta zona ven obrigados a desprazarse ata o centro de educativo da parroquia de Valadares, a pesar de que existen outros máis próximos.

Ademais, no pleno, aprobouse por unanimidade instar o goberno local a ampliar o servizo de salvamento e socorrismo das praias para que estean dispoñibles desde, polo menos, o 1 de xuño, ata o 30 de setembro, o que supón un adianto de 15 días no inicio da prestación e un atraso doutras dúas semanas na data de finalización do mesmo.

A moción, rexistrada polo Grupo Municipal de Marea de Vigo, tamén contempla a posibilidade de ampliar este servizo durante os fins de semana de outubro no caso de que se rexistre unha gran afluencia de bañistas.

Neste contexto, a concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, entendeu a necesidade desta ampliación do servizo nun momento da historia marcado por un incremento da duración da tempada estival debido ao cambio climático.