InicioVigo e contornaVigoAna Pastor compromete levar a baixada do IVE para o peixe ao...

Ana Pastor compromete levar a baixada do IVE para o peixe ao Congreso

A candidata do PP Ana Pastor tamén sinalou a importancia deste sector na economía e incidiu en que dá emprego a máis de 15.000 traballadores, así como en que factura 7.500 millóns de euros ao ano.

PUBLICADO O

A cabeza de lista do PP ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Ana Pastor, comprometeuse a abordar nas Cortes Xerais a baixada do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) en relación ao consumo do peixe.

Nunha rolda de prensa celebrada en Vigo tras unha reunión coa xunta directiva de Conxemar, Pastor expuxo esta modificación en canto ao imposto sobre o peixe, que na actualidade supón un 10 por cento, fronte ao 4 fixado para outros alimentos de consumo básico.

A candidata ‘popular’ tamén sinalou que, no marco da reunión, abordou a competencia de países extracomunitarios en relación á pesca e advertiu de que o seu partido traballará para evitar que se produzan extraccións ilegais, que, segundo apuntou, “danan ao sector do peixe conxelado”.

Así mesmo, resaltou que o custo da enerxía e o combustible afectan a este sector, que definiu como “moi competitivo” e do que destacou que achega produtos dunha “alta calidade”. Ana Pastor tamén sinalou a importancia deste sector na economía e incidiu en que dá emprego a máis de 15.000 traballadores, así como en que factura 7.500 millóns de euros ao ano.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...