Ciudadanos retirá os carteis electorais en Vigo “que non lle deixan durmir a Caballero”

Faino tras unha denuncia de Unidas Podemos e do PSdeG.

Beatriz Pino, á dereita, candidata de Ciudadanos en Pontevedra/ @beatriz_pino

A candidata de Ciudadanos ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Beatriz Pino, confirmou este luns que o seu partido retirará os carteis electorais colocados en farois da cidade de Vigo, e que foron denunciados ante a Xunta Electoral.

A través dun comunicado, Pino pediu ao alcalde da cidade, Abel Caballero, “que non se preocupe” porque os carteis serán retirados. “Entendemos a papeleta do señor Caballero, entendemos que espertar e atoparse que hai un partido que lle fai sombra, que lle fai pensar e que presenta ideas novas é moi frustrante para el”, recalcou Piñeiro.

A candidata do partido laranxa asegurou que se retirarán os carteis que “non lle deixan durmir”, pero que manteñen “as ideas, as propostas e o bo sentido”, e engadiu que “xa está todo resolto e aclarado”.

A Xunta Electoral de Vigo requiriu a C’s e a En Marea a retirada de carteis en farois da cidade olívico, e instounos a “respectar” os lugares designados para a colocación de propaganda electoral, tras unha denuncia presentada por En Común-Unidas Podemos. O alcalde da cidade, Abel Caballero, anunciou este luns que o PSOE tamén denunciou a colocación deses carteis en lugares non permitidos.

1 COMENTARIO

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here