InicioSociedadeAxentes portugueses vixiarán Vigo en época de vacacións

Axentes portugueses vixiarán Vigo en época de vacacións

PUBLICADO O

Axentes da Polícia de Segurança Pública (PSP) de Portugal patrullarán, xunto con colegas da Policía Nacional Española, en Vigo durante época de vacacións. Será para atender aos turistas deste país.

Tamén os turistas galegos e españois que, durante a Semana Santa, se despracen ás localidades portuguesas de Faro, Alcobaça, e Peniche poderán acudir a axentes da Policía Nacional, que patrullarán polas zonas máis concorridas con axentes da Polícia de Segurança Pública (PSP) dese país.

Esta iniciativa forma parte do proxecto ‘Comisarías Europeas‘, en marcha desde 2008, e permitirá, un ano máis, o desprazamento de axentes dependentes da Xefatura de Policía Nacional de Galicia a Portugal.

Neste caso, trátase de oito policías que se repartirán entre as localidades de Alcobaça (do 15 ao 27 de abril), Peniche (do 15 ao 30 de abril) e Faro (do 18 ao 22 de abril). A cooperación repetirase en época estival, cando tamén se desprazarán axentes de Policía Nacional a Nazaré (do 1 ao 16 de xuño, con motivo do torneo europeo de fútbol praia, Euro Winners Cup); a Faro (do 17 ao 22 de xullo); e a Peniche (do 12 ao 15 de agosto).

Como novidade, este ano varios axentes da PSP realizarán patrullas conxuntas coa policía española en Galicia. Así, haberá axentes lusos en xullo en Santiago de Compostela e, en agosto, en Vigo.

Ademais da cooperación en Galicia, a Policía terá a colaboración de axentes de diversos países europeos nalgunhas cidades españolas: haberá axentes franceses en Alacante, Benidorm, Madrid, Granada e Pamplona; e axentes italianos en Maspalomas, Tenerife, Benidorm, Granada, Madrid e Pamplona.

Do mesmo xeito, axentes de Policía Nacional atenderán aos cidadáns españois nas localidades francesas de París, Dax, Carcasonne, Versalles, Nimes, Rouen, Agde ou Brezier; e nas cidades italianas de Florencia, Roma e Nápoles.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...