InicioEconomíaBanco Caixa Geral: 25 millóns de euros de beneficio en 2017, falta...

Banco Caixa Geral: 25 millóns de euros de beneficio en 2017, falta de transparencia e dous EREs

Sindicatos e traballadores vigueses do Banco Caixa Geral inician este martes en Vigo as mobilizacións para esixir transparencia no proceso de venda do banco e manter o seu emprego.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadores do Banco Caixa Geral iniciaron as mobilizacións cunha concentración celebrada este martes en Vigo, cun obxectivo dobre: reclamar información e transparencia no proceso de venda do banco e esixir o mantemento dos 538 postos de traballo que conserva a entidade nas súas 110 oficinas en España. Os traballadores non descartan a folga.

Varias decenas de empregados do banco convocados polos sindicatos CIG e UGT concentráronse fronte a sede do Banco Caixa Geral en Policarpo Sanz, no centro de Vigo, onde cantaron consignas como “non á venda do Banco Caixa Geral”, “emprego si, EREs non”, e “Figueroa, trampón, pareces un Borbón”.

Segundo o secretario da sección sindical da CIG neste banco, Xabier Fernández Davila, a mediados de xaneiro a dirección da empresa comunicoulles que a matriz, Caixa Geral de Depósitos, decidiu vender Banco Caixa Geral após a “imposición de Bruxelas” deste condicionante para “darlle financiamento”.

Un momento da concentración / CIG

Somos un banco que nos últimos catro anos deu beneficios. O último (2017) foron 25,4 millóns de euros”, asegurou, referendando que, por tanto, a venda non se pode xustificar en que o Banco Caixa Xeral sexa deficitario.

En todo caso, explicou que, após coñecerse a decisión da venda, o conselleiro delegado do banco, Manuel López Figueroa, fixo “a promesa de que informaría de forma pormenorizada do proceso de venda” aos traballadores; pero, a pesar das peticións dos sindicatos de reunirse a estes efectos, só tiveron novidades a través dos medios de comunicación.

TRANSPARENCIA

Neste sentido, comentou que tamén pediron información á Caixa Geral de Depósitos, pero remitiulles á comisión executiva de España, que á súa vez di que non ten información. Por iso, insisten en reclamar transparencia neste proceso de venda e que se manteñan os 538 postos de traballo do banco, dos que uns 150 están en Madrid, 140 en Galicia e 135 en Estremadura.

En concreto, solicitan coñecer o caderno de venda, no que constan os condicionantes do proceso de venda, para saber se venden o banco enteiro, por partes, se manteñen aos traballadores, en que condicións, e se pechan oficinas. “Pero non o facilitan”, lamentou.

A pesar de todo, manifestou que a entidade financeira “segue crecendo, a clientela non está afectada” por esta situación, e os traballadores de Banco Caixa Geral continúan coa súa actividade laboral “con normalidade” aínda que con “incerteza sobre o seu futuro”.

UNIDADE SINDICAL

Ante todo isto, o portavoz avanzou que, após a concentración deste martes en Vigo (a primeira que realizan), convocarán outras mobilizacións tanto en Madrid como en Estremadura para tentar forzar a negociación. No caso de Vigo, aclarou que Comisións Obreiras “preferiu non asistir a esta” protesta pero “posiblemente vaian ás outras”.

En este mesmo sentido, recalcou que prevé que CC.OO. acuda ás próximas mobilizacións, xa que entre o tres sindicatos hai “boas relacións” e, en todo caso, “continúa a unión sindical” e esta é “inalterable”.

 Levan soportados dous EREs, o último en 2013, reducindo as oficinas de 209 ao número actual de 110, e o cadro de persoal de 1160 a 538 traballadores/as a día de hoxe, cunha idade media de 45,12 anos e unha antigüidade media de 18,20 anos.

ÚLTIMAS

“Levo ao voso equipo en espírito!”… Madonna aínda ten a camisola do Celta

Madonna respondeu, 72 horas despois, á chamada do Real Club Celta de Vigo na...

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...