InicioVigo e contornaVigoA Xunta di que actuará só sobre un punto "identificado" no Porriño...

A Xunta di que actuará só sobre un punto “identificado” no Porriño para descontaminalo de Lindano

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, respondeu a En Marea que ten un plan de actuación.

PUBLICADO O

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, respondeu ás denuncias da deputada de En Marea Eva Solla que “por suposto” que o seu departamento ten un plan que está “a desenvolver hai tempo” en relación coa contaminación por lindano no concello do Porriño.

No pleno do Parlamento, Solla asegurou que a Xunta “segue sen descontaminar a zona do polígono de Torneiros” e criticou que “os veciños” estean “desprovistos de protección”, ademais de tachar de “burla” a reunión da semana pasada.

Pola súa banda, o titular de Sanidade defendeu “actuacións para tentar identificar á poboación máis exposta” e a realización dun estudo, mediante biomonitorización de persoas, enquisas e tomas de sangue.

Os resultados das primeiras analíticas trasladáronse en xuño de 2018 nunha primeira reunión e en abril deste ano celebrouse un segundo encontro, o cal Vázquez rexeitou que a parlamentaria “entenda como un insulto”.

O responsable da consellería que estivo alí, segundo resaltou Jesús Vázquez, é “unha persoa respectuosa que ten que gardar a confidencialidade dos datos”, pero ao mesmo tempo expuxo que este proceso “é algo que se ten que facer nun proceso de transparencia”. Por último, indicou que “unicamente” está identificado residuo soterrado nun punto que é onde “se vai a centrar” a descontaminación.

MANTEMENTO DE RECOMENDACIÓNS

En base ás últimas analíticas, os expertos consideran que os niveis atopados “non son clinicamente significativos”, segundo apunta a Xunta nun comunicado de prensa.

Con todo, afirma que “se manteñen as recomendacións de non consumir nin usar auga dos pozos, regachos ou fontes da zona para cociñar, aseo ou rega de horta e de non consumir produtos de animais criados nesas vivendas”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...