InicioVigo e contornaVigoEsperan que Vacacións en Paz non sexa unha "necesidade" para os...

Esperan que Vacacións en Paz non sexa unha “necesidade” para os nenos saharauís

O BNG reinvindica a necesidade de que España adopte unha posición "firme" respecto ao conflito armado que provocou o desprazamento de saharauís fóra do seu país.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cabeza de lista do Bloque ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Carme da Silva, apostou por conseguir que o programa Vacacións en Paz da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps), en virtude do que varios nenos desta zona africana pasan o verán en Galicia, sexa unha opción e non “unha necesidade” para os seus beneficiarios.

Tras unha reunión con representantes da asociación celebrada este martes en Vigo, Carme da Silva reivindicou a necesidade de que España adopte unha posición “firme” respecto ao conflito armado que provocou que os cidadáns saharauís víronse a desprazarse a campos de refuxiados da provincia alxerina de Tinduf desde os anos 70.

Así, sinalou que o Estado español non debe “porse de perfil” ante esta situación e asegurou que o BNG defenderá os dereitos deste pobo se obtén representación no Congreso dos Deputados tras as eleccións xerais do próximo 28 de abril.

Así mesmo, o candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Xabier P. Iglesias, denunciou o “cinismo” do Estado español xa que, segundo apuntou, declarou o seu apoio ao pobo saharauí mentres presenta “posicións contraditorias” no seu despregamento diplomático.

Xabier P. Iglesias insistiu tamén na necesidade de que o Concello de Vigo aumente ata o 0,7 por cento do seu orzamento total o investimento destinado a cooperación internacional.

ÚLTIMAS

Vigo volverá saír á rúa “baixo o mesmo paraugas” para celebrar o Día das Persoas con Discapacidade

A cidade de Vigo volverá saír á rúa o próximo 3 de decembro "baixo...

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...