InicioSociedadeAbel Caballero volve ameazar: ou Robótica en Vigo ou "gran mobilización" para...

Abel Caballero volve ameazar: ou Robótica en Vigo ou “gran mobilización” para reclamar a Facultade de Medicina

Critica á Xunta e á USC por "romper un acordo".

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, advertiu de que promoverá unha “gran mobilización” para reclamar unha Facultade de Medicina na cidade olívica, se a Xunta non intervén para que se cumpra o acordo entre as universidades galegas e se reserve o grao de Robótica para a Universidade de Vigo.

Así o manifestou nunha rolda de prensa, na que constatou que a Universidade de Santiago de Compostela “vai ofertar 50 prazas dun curso de Robótica”, cando “estaba acordado que a Robótica se facía en Vigo”. “O reitor de Santiago rompe o acordo entre as universidades, e instala Robótica, que é un grao reservado para Vigo. E a Xunta non di nada”, denunciou Abel Caballero, quen instou ao goberno galego a que “faga cumprir os acordos”.

O rexedor advertiu de que “non pode ser que a USC rompa o acordo e a Xunta mire para outro lado”. A ese respecto, aseverou que o goberno autonómico “ten que intervir” porque, pola contra, Vigo iniciará “unha gran mobilización”, para “despois de eleccións”, reclamando unha Facultade de Medicina.

“Non nos imos a quedar quietos ante un incumprimento que dana gravemente á Universidade de Vigo”, proclamou o alcalde

ÚLTIMAS

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

Vallejo Torres toma posesión como novo fiscal xefe de Vigo, co compromiso da protección “aos máis vulnerables”

Óscar Vladimir Vallejo Torres tomou este venres posesión do seu cargo como novo fiscal...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...