InicioSociedadeO Concello de Vigo colocará unha placa en memoria dos falecidos na...

O Concello de Vigo colocará unha placa en memoria dos falecidos na traxedia do río Órbigo

Realizarase unha ofrenda floral, de forma simultánea co acto que se celebrará, á mesma hora, en Santa Cristina de la Polvorosa (Zamora).

PUBLICADO O

O Concello de Vigo renderá homenaxe de forma permanente aos 49 falecidos (45 nenos e 4 adultos), integrantes dunha expedición escolar viguesa, que perderon a vida no río Órbigo hai 40 anos, cunha placa que se colocará na ‘lonxa’ municipal.

Segundo informou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, o vindeiro mércores, ás 16,30 horas, descubrirase esa placa, na entrada do consistorio, e realizarase unha ofrenda floral, de forma simultánea co acto que se celebrará, á mesma hora, en Santa Cristina de la Polvorosa (Zamora), e ao que acudirán os edís vigueses Olga Alonso e Ángel Rivas.

Queremos que sexa un acto de conmemoración, para transmitir a nosa dor, recordo e respecto“, apuntou o rexedor, quen confirmou que, nesta homenaxe, participarán profesores do colexio Vista Alegre, de onde eran os alumnos e docentes que faleceron no accidente de autobús.

O sinistro produciuse sobre as 16,30 horas do 10 de abril de 1979, cando o autocar no que viaxaban case 60 persoas, e que regresaba dunha viaxe escolar a Madrid, chocou contra o muro dunha ponte e caeu ás augas do río Órbigo. No accidente morreron 45 nenos e 4 adultos.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...