InicioEconomíaDesvelan en Vigo os segredos constructivos dos estadios de fútbol do Mundial...

Desvelan en Vigo os segredos constructivos dos estadios de fútbol do Mundial de Qatar

Será no Salón do Interiorismo e a Construción (SICO) 2019 que se celebra esta fin de semana en Vigo.

PUBLICADO O

O Salón do Interiorismo e a Construción (SICO) 2019, que este fin de semana celebra en Vigo a súa sétima edición, contará con xornadas sobre axudas para a climatización en obra nova, así como relacionadas cos sistemas de bombas de calor e de ventilación.

A feira, que acolle o Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), foi inaugurada este venres e prolongarase ata este domingo. Segundo indicou o Concello, no acto interveu o alcalde, Abel Caballero, quen definiu á construción como o “núcleo da actividade humana” ao crear espazos para vivir e destacou que se trata dunha parte relevante da calidade de vida das persoas. Por iso, apostou polo apoio á obra pública por parte das institucións.

En concreto, SICO 2019, cuxa entrada é gratuíta, contou este venres coa xornada ‘A boa arquitectura non entende de escalas’, dirixida a un público profesional, na que interviñeron os arquitectos Tiago do Vale, León López da Osa, Cristophe Hamblot e Mark Fenwick. Deste xeito, os asistentes ao congreso coñeceron detalles dos estadios que se construirán para o Mundial de Fútbol de Qatar e do camellódromo da capital do país, Doha.

Os organizadores detallaron que, este ano, o salón de interiorismo conta con representación de case 120 marcas e espera superar os 8.000 visitantes da última edición. Durante todo o fin de semana estará exposta unha mostra do arquitecto León López da Osa, ‘A esencia do obxecto’ e tamén se porá en marcha un concurso de descenso vertical con corda.

Ademais, este sábado celebraranse as xornadas ‘Asentamento diferencial do chan de cimentación: análise dos efectos sobre as estruturas e solucións para a consolidación’ e ‘Climatización en obra nova e rehabilitación. Subvencións’, así como ‘Ferramentas tecnolóxicas para a dinamización da empresa’ e ‘Sistemas de bombas de calor e ventilación en vivendas de consumo case nulo’. Así mesmo, a bloguera Andrea Gabián, coñecida como Lady Compostela, realizará ‘showcookings’ na ‘caseta’ Kitchen In.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...