InicioSociedadeA Audiencia de Pontevedra ve responsabilidade civil no contrato da cuñada...

A Audiencia de Pontevedra ve responsabilidade civil no contrato da cuñada de Silva

Así mesmo, o tribunal emenda outra omisión, ao aclarar que a sentenza condenatoria pode ser obxecto de recurso de casación ante o Tribunal Supremo "por infracción de lei e por quebrantamento de forma".

PUBLICADO O

A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra (con sede en Vigo) ditou un auto no que emenda unha omisión da sentenza que condenaba a un funcionario do Concello de Vigo e ao xerente dunha concesionaria, polas irregularidades na contratación dunha cuñada da edila e presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

Esta omisión referíase a a responsabilidade civil da empresa Imesapi, que quedou declarada polo tribunal neste último auto. Así mesmo, o tribunal emenda outra omisión, ao aclarar que a sentenza condenatoria pode ser obxecto de recurso de casación ante o Tribunal Supremo “por infracción de lei e por quebrantamento de forma”.

Na súa resolución, a Sección Quinta da Audiencia vén completar a sentenza de instancia, na que se recollía a condena a Francisco Javier G.O., funcionario municipal vigués, a cinco anos e tres meses de cárcere, e nove anos de inhabilitación por prevaricación, malversación e falsidade. Así mesmo, o xerente de Imesapi, Ramón C.A. foi condenado a un ano e medio de cárcere, e 6 de inhabilitación por falsidade documental, e por ser cooperador necesario na malversación.

Agora, a Audiencia sinalou que o responsable da concesionaria “serviuse” da empresa “para dar amparo á actividade delituosa que se declarou probada”, polo que declara a responsabilidade civil subsidiaria da mesma.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...