InicioEconomíaPatricia García, única candidata á presidencia do Círculo de Empresarios de Galicia

Patricia García, única candidata á presidencia do Círculo de Empresarios de Galicia

PUBLICADO O

A empresaria viguesa Patricia García confirmouse como única aspirante a presidir o Círculo de Empresarios de Galicia, en substitución de Juan Güell, após finalizar o prazo de presentación de candidaturas e constatarse que soamente concorre o equipo liderado pola presidenta do grupo Femxa.

Patricia García é licenciada en Filoloxía Inglesa e ten un master en Experto Profesional en ‘e-learning’. Actualmente preside o grupo Femxa, especializado en cursos de formación e, salvo sorpresa de última hora, será a próxima presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia, a primeira muller á fronte desta organización.

A elección realizarase no transcurso dunha asemblea, fixada para as 11.30 horas (en primeira convocatoria, e unha hora despois en segunda) do próximo 21 de maio, e que pon fin ao mandato de tres anos de Juan Güell.

A candidatura presentada por Patricia García complétase con Manuel Rodríguez (Grupo Rodman) e Josefina Fernández Miguélez (DomusVI), como vicepresidentes; Alberto Rocha (Proasa), como tesoureiro e secretario; e Andrés Fernández Álvarez-Santullano (CZ Veterinaria), Emilio Pérez Neto (Grupo Pérez Rumbao), Josechu Silveira (Povisa), Maite Torres (Auga de Maio), Francisco Puga (Industrias Delta), Guillermo Fernández (Adhex), María Borrás (Artai), Sara Mondelo (Cuatrecasas), Francisco Izquierdo (Grupo IZ) e Enrique Chillón (Profand), como vogais.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...