InicioSucesosUnha moza propina unha puñada a outra muller á saída dunha discoteca...

Unha moza propina unha puñada a outra muller á saída dunha discoteca e rómpelle o nariz

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a unha veciña da cidade de 19 anos como presunta autora dun delito de lesións, tras propinarlle unha puñada a outra muller, á que lle rompeu o nariz.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos remóntanse á madrugada do pasado 6 de marzo, cando a vítima saía dunha discoteca na rúa Pontevedra. Tal e como denunciou a afectada, unha moza achegóuselle e, sen mediar palabra, propinoulle unha puñada.

Debido á forza do golpe, a muller caeu ao chan, e tivo que ser trasladada en ambulancia a un centro hospitalario, onde a interviñeron cirurxicamente horas despois, pola rotura dos ósos do nariz.

A Policía iniciou as pescudas e, tras interrogar a varias testemuñas, puideron identificar a presunta autora destes feitos, que foi localizada e detida este luns. A detida non tiña antecedentes policiais, e as dilixencias practicadas foron postas en coñecemento do Xulgado de Instrución número 1 de Vigo.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...