InicioSociedadeA Xunta di que a súa axuda "evitou a cancelación" do Marisquiño

A Xunta di que a súa axuda “evitou a cancelación” do Marisquiño

PUBLICADO O

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu apoio ao festival O Marisquiño e a súa achega de 121.000 euros ao evento, á vez que apuntou que, precisamente, foi o incremento da axuda autonómica o que “desbloqueou” a celebración da edición deste ano e evitou a súa “cancelación”.

Así o trasladou o goberno galego a través dun comunicado, despois de que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciase que a achega do Concello ao festival este ano será de 318.00 euros (e 181.500 euros porá a Deputación de Pontevedra), unha cantidade maior que os “só 100.000 euros da Xunta”.

O rexedor olívico chegou a proclamar que “a Xunta tentou que O Marisquiño non se celebrase e marchara de Vigo”, a tenor da axuda económica que achega para o evento de cultura e deporte urbano “máis importante de Galicia”.

En resposta, o goberno autonómico lembrou que este ano triplicará a súa axuda ao festival, ata chegar os 121.000 euros, e “realizaranse as xestións oportunas para que O Marisquiño se poida beneficiar do programa de patrocinios do Xacobeo 2021”, o que suporía unha achega adicional de ata 50.000 euros e iso “elevaría a achega final da Xunta a máis de 170.000 euros”.

Por outra banda, lembrou que o pasado mes de febreiro (cando aínda non se confirmou se habería unha edición 2019 do Marisquiño, debido a problemas económicos e ás dificultades derivadas do accidente do ano pasado), o conselleiro Román Rodríguez, e o secretario xeral para ou Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron unha reunión co director do festival, Joako Ezpeleta.

No devandito encontro, “o goberno galego expresou o seu compromiso para garantir a continuidade do festival na cidade olívica, o que se traduciu neste incremento económico, que está na liña do solicitado pola organización”. “De feito, este encontro serviu para desbloquear a situación e evitar a cancelación desta cita”, concluíu a Xunta.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...