InicioSucesosCatro detidos, asociados a bandas criminais, tralo roubo dunha vivenda do Porriño

Catro detidos, asociados a bandas criminais, tralo roubo dunha vivenda do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra confirmou o ingreso en prisión do catro cidadáns de nacionalidade albanesa que foron detidos no municipio pontevedrés de Nigrán, acusados de varios roubos en domicilios de particulares na provincia.

PUBLICADO O

A Garda Civil de Pontevedra confirmou o ingreso en prisión do catro cidadáns de nacionalidade albanesa que foron detidos no municipio pontevedrés de Nigrán acusados de varios roubos en domicilios de particulares na provincia.

Foron arrestados o pasado venres cando regresaban ao hotel no que se atopaban hospedados na mesma localidade de Nigrán, pouco despois de cometer un roubo nunha vivenda no Porriño.

Os detidos foron interceptados ás 22,45 horas, segundo informou a Garda Civil, no interior do aparcadoiro do hotel. Ao inspeccionar o vehículo atopáronse xoias, varios teléfonos móbiles e unha importante cantidade de diñeiro en billetes fraccionados, que suman 4.525 euros.

A actividade delituosa deste grupo criminal organizado tamén se “evidenciaba” no vestiario e as ferramentas atopadas no coche, como lanternas, un desaparafusador ou luvas, así como unha cizalla no maleteiro e unha pata de cabra oculta e disimulada debaixo do asento do copiloto.

As investigacións da Garda Civil de Baiona-Nigrán enmárcanse na operación ‘KULLA’ e lles atribúe tamén a comisión doutro roubo perpetrado o xoves, día 28, nunha vivenda da parroquia de Nespereira, en Pazos de Borbén, de onde supostamente procede parte do diñeiro que se recuperou.

Os detidos son catro cidadáns de nacionalidade albanesa con idades comprendidas entre os 23 e os 25 anos, sen domicilio coñecido en España. Dous deles teñen señalamentos policiais de prohibición de entrada nos países do territorio Schengen.

Forman parte, segundo informa a Garda Civil, dun grupo itinerante que se atopaba aloxado no hotel de Nigrán desde o pasado mércores 27 e que tiñan pensado abandonar a localidade este sábado 30.

O vehículo que utilizan para os seus desprazamentos, un Peugeot-407, de cor azul, figura a nome dun cidadán de nacionalidade romanesa, con domicilio en Barcelona, que está reclamado por un xulgado de Granollers.

O modus operandi destes grupos itinerantes é similar en todos os casos, segundo precisa a Garda Civil. Adoitan aloxarse uns días en establecementos hoteleiros discretos, co fin de pasar desapercibidos, e elixen os seus obxectivos, que normalmente son vivendas, noutras localidades diferentes. Adoitan actuar durante o día e aproveitan momentos nos que non se atopa ninguén en casa.

Para cometer os roubos, violentan as portas ou as xanelas coas ferramentas que levan no coche e unha vez no interior actúan con extraordinaria rapidez, apoderándose de todos os obxectos de valor, fundamentalmente xoias e diñeiro en efectivo.

Os detidos, xunto cos efectos incautados e o vehículo intervido, pasan a disposición xudicial este domingo no Xulgado de Instrución de garda de Vigo, acusados da presunta comisión de dous delitos de roubo con forza e pertenza a un grupo criminal organizado.

ÚLTIMAS

O TSXG confirma a condena a comuneiros de Cabral, que deben reverter as obras dun parking en Peinador

OO Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou o fallo do Xulgado do Contencioso-Administrativo número...

O BNG de Vigo denuncia a falta de auga potable no IES de Beade, e goberno local e Xunta cúlpanse mutuamente

O grupo municipal do BNG en Vigo denunciou este luns que o IES de...

A Deputación envía ao Concello o convenio para a bancada de Gol, que podería asinarse “esta semana”

A Deputación de Pontevedra enviou este luns ao Concello de Vigo o convenio para a reforma da bancada de...

A taxa de criminalidade increméntase no primeiro trimestre un 5,3% en Vigo

A taxa de criminalidade creceu un 16,4% no primeiro trimestre deste ano na cidade...