InicioMovementos SociaisBosch Vigo, en pé de guerra tralo anuncio dun ERTE que afecta...

Bosch Vigo, en pé de guerra tralo anuncio dun ERTE que afecta a 600 traballadores

A CIG cifrou nun 80 % o seguimento da xornada de paro de 24 horas convocada polo comité de empresa nos centros de traballo de Bosch --'call center'-- en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Confederación Intersindical Galega (CIG) cifrou nun 80 % o seguimento da xornada de paro de 24 horas convocada polo comité de empresa nos centros de traballo de Bosch –‘call center’– na cidade olívica.

Concentración dos traballadores de Bosch en Vigo/ Miguel Núñez

A folga foi convocada para mostrar o rexeitamento do persoal ao expediente de regulación temporal de emprego que aplica a empresa, un ERTE que afecta case 600 operarios na cidade olívica.

Concentración dos traballadores de Bosch en Vigo/ Miguel Núñez

Nesta xornada reivindicativa, os traballadores concentráronse nos centros de traballo da Avenida de Madrid e de María de Berdiales, nuns actos nos que participaron representantes políticos de En Común Unidas-Podemos e o BNG.

Bosch instalacións © Miguel Nuñez

“Non é un ERTE, é unha estafa”, “Despedimentos para os directivos” ou “Este ERTE, ímolo a parar” foron algunhas das consignas coreadas polos empregados que participaron na protesta.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...