InicioSociedadeO BNG pide o apoio dos vigueses para ir "máis aló das...

O BNG pide o apoio dos vigueses para ir “máis aló das luces e os decorados” de Caballero

Pontón pide á cidadanía que renove o seu apoio á alcaldesa de Tomiño "para continuar co soño colectivo" do concello.

PUBLICADO O

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, presentou este sábado en Vigo ao candidato nacionalista á alcaldía da cidade olívica, Xabier Pérez Igrexas, e o proxecto do bloque “para facer de Vigo a capital da innovación de Galicia” e así ir “máis aló das luces e os decorados”.

Tal como sinalou Pontón ante a prensa, a cidade de Vigo necesita un proxecto “que vaia máis aló das luces e os decorados” e que aposte pola innovación, así como por mellorar a calidade de vida dos veciños.

“Iso empeza por recuperar máis espazos para as persoas e menos espazo para os coches. Necesitamos un Vigo que aproveite todo ese potencial industrial e innovador que hai na cidade”, destacou a portavoz nacionalista. Así, Pontón pediu o voto nas próximas eleccións municipais “porque o BNG ten un proxecto alternativo” para a urbe. “Cremos que Vigo ten que ser un motor para Galicia”, subliñou.

Neste sentido, o candidato, Pérez Igrexas, asegurou que o seu proxecto conta con “xente capaz, xente representativa dos diferentes movementos sociais, do tecido cultural e xente do mundo do traballo”. “E sobre todo con moitas mulleres, mulleres bravas, mulleres feministas e moita mocidade. Temos persoas independentes que demostran tamén que o BNG está nun proceso de recuperación do apoio, de portas abertas”, indicou.

Ademais, Pontón aproveitou o acto para demandar apoios de cara ás próximas eleccións xerais, xa que, ao seu xuízo, “son unha oportunidade para todos os galegos, sentan nacionalistas ou non” sexan defendidos polo BNG defenda no Congreso. “Estou segura de que o 28 de abril imos ser a sorpresa nas eleccións”, sentenciou.

TOMIÑO

Pola súa banda, Pontón tamén estivo presente este sábado na localidade pontevedresa de Tomiño, onde pediu á cidadanía que renove o seu apoio á actual alcaldesa, Sandra González, “para continuar co soño colectivo” do concello.

“Levamos doce anos transformando en positivo a vida e a vila de Tomiño nun proceso que non pode parar agora”, subliñou Pontón, quen engadiu que “a cidadanía sabe que a alcaldesa ten un proxecto, unha visión estratéxica e que foi capaz de situar a Tomiño no mapa”.

A rexedora declarou no acto de presentación sentirse “con forza, con ganas e con ilusión de seguir transformando o concello como ata agora”. Neste sentido, destacou como exemplos o “logro” de ser o único municipio cun mercado de excelencia en Galicia.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...