InicioPolíticaCasado e Feijóo recibirán este domingo no Auditorio Mar de Vigo aos...

Casado e Feijóo recibirán este domingo no Auditorio Mar de Vigo aos seus afiliados vigueses

O presidente do PP, Pablo Casado, visitará Vigo este domingo para participar nun acto de entrega de carnés de partido a uns 500 novos afiliados.

PUBLICADO O

O presidente do PP, Pablo Casado, visitará Vigo este domingo para participar nun acto de entrega de carnés de partido a uns 500 novos afiliados. En concreto, o acto será ás 12:30 no Auditorio Mar de Vigo e nel estará presente tamén o presidente da Xunta e dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo.

Segundo indican fontes do partido, despois da entrega de carné é posible que Casado e Feijóo acudan a Redondela para un comida-mitin. Esta visita do líder do PP prodúcese tres semanas despois da súa última estancia en Galicia, cando protagonizou paseos polas cidades da Coruña, Ferrol e Santiago.

Esta vez estará en Vigo o día anterior á data tope ao rexistro de candidaturas para as eleccións xerais do 28 de abril e despois de que nos últimos días se deran a coñecer os nomes dos que encabezarán as listas tanto ao Congreso como ao Senado.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...