InicioSucesosUn grupo de mozos de Vigo e Gondomar, sospeitoso de roubar coches...

Un grupo de mozos de Vigo e Gondomar, sospeitoso de roubar coches para vendelos por pezas

Tres homes de 19, 20 e 28 anos procedentes de Vigo e Gondomar foron detidos na cidade olívica por supostamente roubar coches co obxectivo de desmontalos e vendelos por pezas.

PUBLICADO O

Tres homes de 19, 20 e 28 anos procedentes de Vigo e Gondomar foron detidos na cidade olívica por supostamente roubar coches co obxectivo de desmontalos e vendelos por pezas.

Segundo informou a Policía Nacional, a investigación iniciouse debido á presenza de varios vehículos de gran potencia na zona da rúa San Xoán, que provocaron sospeitas sobre a posible existencia dun taller ilegal ou da venda de pezas “de dubidosa procedencia”. Tras observar unha trasfega constante de persoas e vehículos de madrugada nunha vivenda, estableceuse un dispositivo na zona.

Este mércores de madrugada tres novos abandonaron a residencia para dirixirse a dous vehículos de alta gama, dos cales un contaba cun remolque plataforma para automóbiles. Tras arrincar, un coche policial camuflado cortoulles o paso nun cruzamento próximo e un axente ordenou ao condutor do primeiro coche que o apagase.

No entanto, o mozo acelerou e embistiu o automóbil policial, polo que o policía viuse obrigado a abandonar a vía principal para non ser atropelado. Mentres, o condutor do outro vehículo tentou fuxir, pero outro automóbil policial cortoulle o paso, á vez que o remolque quedaba atrapado entre o coche da Policía e un poste.

Os dous mozos que se atopaban dentro do segundo automóbil tentaron fuxir, pero foron inmobilizados e detidos polos axentes. Ademais, solicitouse a presenza de máis dotacións policiais para localizar ao condutor que fuxira no primeiro vehículo e que, pouco máis tarde, foi atopado e detido. Unha vez na Comisaría, comprobouse que dous dos tres detidos contaban con antecedentes policiais por feitos similares.

No marco da operación, atopáronse na vivenda da que saíran os detidos dous vehículos de alta gama e restos de pezas, chasis e matrículas de coches que supostamente foran esnaquizados para ser vendidos.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...