InicioSociedadeAbel Caballero insiste, Vigo non pagará o bus "a xente de fóra"...

Abel Caballero insiste, Vigo non pagará o bus “a xente de fóra” mentres el sexa alcalde

"Por moito que teime, ten que ser a Xunta a que pague, porque é transporte interurbano" di o alcalde de Vigo.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este xoves en que o Concello non pagará a subvención do billete de bus urbano a viaxeiros que non estean empadroados na cidade, no marco do Plan Metropolitano de Transporte ao que a cidade olívica non se uniu.

Nunha rolda de prensa, o rexedor denunciou que “a Xunta segue co seu empeño de que Vigo pague os buses aos cidadáns que non son de Vigo“. “Feijóo quere que paguemos os buses urbanos de cidadáns de fóra, e tanto é así que condicionou a área Metropolitana a que paguemos ese imposto, sen límites”, proclamou.

“Pero por moito que se empeñe, ten que ser a Xunta a que pague, porque é transporte interurbano”, advertiu Abel Caballero, quen volveu a criticar ese “empeño de que Vigo paga todo”. “Iso non vai pasar mentres eu sexa alcalde”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...