Retencións quilométricas polas obras na Ponte de Rande: “Atraco na AP-9!”

Usuarios quéixanse en redes sociais do "atraco na AP-9" e de que Audasa "cobre" a pesar de ter "tres carrís pechados"

Retencións na ponte de Rande / DGT

Centos de condutores que circulaban en dirección Vigo víronse afectados este sábado por retencións quilométricas por mor de obras de mantemento na Ponte de Rande. O atasco, rexistrado pola mañá, produciuse ao quedar Rande sen o tres carrís habituais de entrada en Vigo, como consecuencia das obras no viario, provocando a indignación entre os usuarios.

“Atraco na AP-9!”, censuraba un deles na súa conta de Twitter, na que incidía en que había pago para “coller 45 minutos de caravana na Ponte de Rande”.

CRÍTICAS A AUDASA

Este usuario, do mesmo xeito que outros condutores acompañaban a súa queixa en redes sociais da etiqueta ‘#onosoderbi’. E é que a cidade olívica acolle nesta xornada o derbi Celta-Deportivo da Coruña, o que provoca aínda máis desprazamentos até Vigo. Tamén o bo tempo favorece as viaxes ás praias da zona.

Nesta situación, algúns usuarios apuntaban nas súas críticas á concesionaria. “Hai que ter moita cara para que un sábado de bo tempo ás 11,30 horas Audasa teña o tres carrís da Ponte de Rande dirección Vigo pechados. E por encima, cobran”, incidía un deles.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here