InicioSociedadeAbel Caballero, "orgulloso" da "loita" dos médicos de Atención Primaria, pide a...

Abel Caballero, “orgulloso” da “loita” dos médicos de Atención Primaria, pide a Feijóo que asuma as súas demandas

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expresou este mércores o “recoñecemento” e “orgullo” do goberno local e da cidade cara aos profesionais da Atención Primaria da área viguesa, aos que trasladou o “agradecemento” pola súa “valentía” na súa defensa dunha sanidade pública de calidade.

Así o transmitiu en rolda de prensa o rexedor, horas despois de que os xefes de centros de saúde de Vigo ratificasen a súa dimisión “irrevogable” ante o “abandono” da Atención Primaria por parte do goberno galego.

Segundo proclamou Abel Caballero, estes profesionais “están a defender aos seus pacientes” mesmo por encima dos seus cargos, e dimitiron en defensa deses pacientes e dos cidadáns de Vigo. “Son un exemplo de compromiso social”, recalcou.

Estamos moi orgullosos da súa loita, e o seu éxito será o éxito de todos os cidadáns de Vigo”, aseverou Caballero, quen, a continuación, subliñou que os traballadores “deron unha mostra enorme da súa capacidade de diálogo”. Por contra, lamentou que a Xunta non dera resposta ás súas formulacións, o que lle levou a esixir “a Feijóo” que “asuma de forma inmediata” as demandas destes profesionais.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...