InicioMedio Ambiente e PatrimonioO Seprona libera máis de 50 aves silvestres ilegalmente capturadas en Redondela

O Seprona libera máis de 50 aves silvestres ilegalmente capturadas en Redondela

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil liberou unha partida de aves silvestres que foran ilegalmente capturadas por un veciño de Redondela (Pontevedra), investigado penalmente por un presunto delito contra a protección da fauna e a flora.

As investigacións realizadas pola Patrulla do Seprona de Vigo culminaron este martes coa incautación de preto de medio cento de distintas especies de aves silvestres en poder dun veciño do municipio, que supostamente as capturou ilegalmente utilizando métodos non selectivos para a caza.

Durante o transcurso da inspección que se realizou nun terreo contiguo á vivenda desta persoa, o Seprona incautouse de catro gaiolas trampa nas que colocaba un xílgaro como reclamo para atraer ás outras. Ademais, interviñéronse 28 exemplares de xilgaro europeos ou cardelina, oito tórtolas europeas e cinco verderóns.

As tórtolas foron postas inmediatamente en liberdade nunha zona próxima á mesma leira onde estaban en catividade. Pola súa banda, os xílgaros e verderóns foron postos en liberdade cunha solta que se realizou noutro lugar próximo, provisto de matogueira e arboledo, máis adecuado ao hábitat natural destas dúas especies.

As dilixencias instruídas por un presunto delito contra a protección da fauna e a flora silvestres serán entregadas no Xulgado de Instrución de garda de Redondela, onde deberá comparecer o presunto responsable cando sexa citado.

ÚLTIMAS

Un home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño e entra en prisión

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do Porriño, de 50 anos de...

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...

Detido en Mos tras aparecer un home brutalmente agredido

A Garda Civil arrestou a un veciño de Mos como presunto autor dunha agresión...

Vigo acolle este sábado concentracións contra o ataque de EE.UU. a Venezuela

Colectivos de cidadáns venezolanos e sindicatos convocaron este sábado concentracións en Vigo despois de...