O PP carga contra Caballero: “Os teloneiros dos concertos deberían ser os grupos locais, non o alcalde”

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este luns a utilización "partidista" que, ao seu xuízo, fai o alcalde da cidade, Abel Caballero, da cultura, e puxo como exemplo ao museo MARCO.

Abel Caballero, no concerto de Dorian/ Miguel Núñez

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este luns a utilización “partidista” que, ao seu xuízo, fai o alcalde da cidade, Abel Caballero, da cultura, e puxo como exemplo ao museo MARCO.

Nunha rolda de prensa, a concelleira popular Teresa Egerique criticou a “desidia, falta de tolerancia e respecto” do goberno local cara aos movementos culturais vigueses, e lembrou que, no último encontro con estes colectivos, “a cadeira do PSOE estaba baleira”.

A edila, quen advertiu de que “a cor política non pode primar na cultura”, referiuse ao museo MARCO, “sen ter nada que reprochar ao novo director”, pero sinalou que “a falta de democracia é evidente”. “Fomos expulsados do padroado, e converteuse no museo do PSOE”, lamentou.

Por outra banda, criticou a redución de orzamento para promoción cultural, que se reflicte en cuestións como o “abandono” do Arquivo Pacheco, da Pinacoteca ou das políticas de promoción das actividades museísticas.

Tamén denunciou que “Caballero fai oídos xordos ás propostas doutros grupos en materia cultural”, como a promoción de artistas locais, “que deberían ser os teloneiros nos concertos de Castrelos, e non o alcalde”.