InicioSociedadeMarea de Vigo insiste en pedir unha investigación dos contratos que xestionou...

Marea de Vigo insiste en pedir unha investigación dos contratos que xestionou o funcionario condenado

Esta vez presentarán unha solicitude por escrito ante o goberno local para pedir que se estuden os movementos do traballador acusado de 'enchufar' a cuñada de Carmela Silva

PUBLICADO O

O grupo municipal Marea de Vigo anunciou este xoves que pedirá por escrito ao goberno de Abel Caballero a creación dunha comisión de investigación sobre os contratos que xestionou o funcionario condenado a cinco anos de cárcere por prevaricación e malversación (en relación coa contratación dunha cuñada de Carmela Silva nunha concesionaria municipal).

Nunha rolda de prensa, o portavoz da formación, Rubén Pérez Correa, volveu insistir en que o pleno extraordinario celebrado a petición do PP por esa sentenza, debería servir para que se investiguen e se desterren prácticas como as “prebendas e os favores” presentes entre os altos funcionarios. “Pero non se quere investigar o alcance dos contratos que xestionaba este funcionario (o que foi condenado pola Audiencia)”, lamentou.

Por iso, avanzou que o seu grupo volverá pedir a creación de unna comisión de investigación, esta vez por escrito, porque dita creación “ten que ser unha decisión política” do alcalde e o seu equipo de goberno. Esta comisión debe profundar, a xuízo de Pérez Correa, non só nas actuacións dese traballador, senón nas prácticas doutros altos funcionarios, e no sistema de provisión de postos de alta responsabilidade.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...