Desarticulan un punto de venda de drogas en Mos

A Garda Civil desarticulou un centro de venda de drogas no municipio pontevedrés de Mos no marco dun operativo que se saldou coa detención de cinco persoas.

Punto de venda/ Mos

A Garda Civil desarticulou un centro de venda de drogas no municipio pontevedrés de Mos no marco dun operativo que se saldou coa detención de cinco persoas.

Segundo avanzou o Instituto Armado, no operativo procedeuse, ademais, á incautación dunha “importante cantidade de estupefacientes, armas e unha inxente cantidade de efectos subtraídos”.

Está previsto que este sábado, ás 11,00 horas, a Garda Civil informe do operativo contra o tráfico de drogas nunha rolda de prensa no Cuartel de Vigo.