InicioPolíticaA Xunta cualifica os accesos ao Hospital Meixoeiro de Vigo como "terceiromundistas"

A Xunta cualifica os accesos ao Hospital Meixoeiro de Vigo como “terceiromundistas”

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, instou ao alcalde da cidade, Abel Caballero, a mellorar os accesos ao hospital Meixoeiro e reprochoulle que tentase "escapar das súas competencias".

PUBLICADO O

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, instou ao alcalde da cidade, Abel Caballero, a mellorar os accesos ao hospital Meixoeiro e reprochoulle que tentase “escapar das súas competencias”.

López-Chaves respondeu así ás declaracións do rexedor vigués, que asegurou que o Concello remitiu en 2015 á Administración autonómica unha proposta de convenio para “cofinanciar” a mellora da contorna do hospital Meixoeiro despois de que a Xunta criticase o seu estado.

Ademais, o delegado territorial do Executivo galego afirmou que Abel Caballero ten a “obrigación” de resolver esta situación. Así, volveu a cualificar os accesos ao hospital Meixoeiro de “terceiromundistas”.

Así mesmo, incidiu en que o alcalde estivo á fronte do Consistorio durante os últimos anos e que, aínda, “continúa abandonando” aos usuarios deste centro hospitalario ao non garantir o bo estado dos viarios que desembocan no mesmo.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...