InicioSociedadeO PP a Carmela Silva: "Quen vai ir ao cárcere é un...

O PP a Carmela Silva: “Quen vai ir ao cárcere é un funcionario, mentres ela está no seu chalecito de Toralla”

O PP ve "vergoñoso" que o pleno sobre o 'enchufe' da cuñada de Silva sexa tras unha sesión ordinaria. O goberno municipal defende que se convocou "legalmente", segundo o regulamento

PUBLICADO O

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo cualificou como “vergoña” a convocatoria do pleno extraordinario sobre o ‘enchufe’ da cuñada de Carmela Silva a continuación da sesión ordinaria mensual, e denunciou que Abel Caballero e o seu tenente de alcalde (e presidenta da Deputación de Pontevedra) pretenden “tapar o escándalo”.

Nunha rolda de prensa, a portavoz ‘popular’, Elena Muñoz, criticou que se relegue esa sesión extraordinaria, solicitada polo PP, a un segundo plano, convocándoa despois dun pleno ordinario. “Vólvense a rir dos vigueses e da Corporación. Fano para tentar tapar o escándalo, queren que se esqueza, que pase desapercibido”, recalcou.

A ese respecto, a concelleira lembrou que o ‘enchufe’ da familiar de Silva foi “constatado por unha sentenza xudicial, non o di o PP”, e que Carmela Silva “non só non deu explicacións, nin adoptou a única medida digna, que sería marcharse, senón que pretende dar leccións”.

Ademais, Elena Muñoz advertiu de que o alto funcionario condenado nesa sentenza (a 5 anos e 3 meses de prisión, e inhabilitación por 9 anos) “segue aquí coma se nada” e “non foi apartado”. “Que están a tentar tapar? Claro, como o que vai ir ao cárcere é un funcionario, mentres ela (Silva) está no seu chalecito de Toralla…”, rematou a portavoz do PP.

PLENO CONVOCADO “LEGALMENTE”

Mentres, o goberno municipal defendeu a súa actuación e subliñou que o pleno extraordinario foi convocado “en tempo e forma, segundo a marca o regulamento” e que dita convocatoria é unha prerrogativa do alcalde.

O portavoz socialista, Carlos López Font, insistiu en que se fixo esa convocatoria “legalmente”, e engadiu que é “razoable” que a sesión se celebre tras o pleno ordinario, por cuestións de “axenda” e “ocupacións” dos 27 membros da Corporación. “Non entendemos por que se queixan”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...