InicioVigo e contornaVigoPodemos Vigo acorda iniciar as negociacións para concorrer ás municipais coa Marea...

Podemos Vigo acorda iniciar as negociacións para concorrer ás municipais coa Marea da cidade

PUBLICADO O

A agrupación viguesa de Podemos acordou en asemblea iniciar as negociacións para aliarse con Marea de Vigo e concorrer conxuntamente ás eleccións municipais do 26 de maio, segundo comunicou a formación morada.

Con este acordo dáse un paso máis no proceso de preparación dos comicios, tras a elección, o pasado novembro, do profesor Xaquín Pastoriza como secretario xeral de Podemos Vigo. Desde entón, Podemos Vigo estivo desenvolvendo unha “rolda de contactos” con diversos colectivos sociais “coa finalidade de facer un mapeo das principais problemáticas que afectan á cidade“.

Na asemblea celebrada este luns, Pastoriza anunciou a “apertura inminente de conversacións” con Marea de Vigo, para expor “os termos do acordo marco” co que ambas as organizacións “teñen previsto concorrer conxuntamente ás eleccións municipais”. Un acordo que non se produciu na cita electoral de 2015, cando Podemos non se presentou como partido ás eleccións locais.

O pasado mes de novembro, Marea de Vigo proclamou a Rubén Pérez (que procede de Esquerda Unida), actual portavoz do grupo municipal, como candidato á alcaldía da cidade olívica, xa que foi o único aspirante no proceso de primarias.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...